ARQUIVO

O ‘Arquivo do Nacionalismo Galego‘ é unha iniciativa que nace a partir do esforzo de diversas entidades, que custodían por separado miles de documentos que refiren a Historia do Nacionalismo Galego ao longo do século XX e parte do XIX.

Unha iniciativa que nace no inicio do ano 2015 non por casualidade. Faino a doce meses do primeiro centenario do nacemento da ‘Irmandade dos Amigos da Fala da Cruña’, primeira das Irmandades da Fala que se organizarían por toda Galiza a partir daquela, baixo a iniciativa de figuras como Antón e Ramón Vilar Ponte, Manuel Lugrís Freire, Lois Porteiro Garea, Florencio Vaamonde Lores ou Uxío Carré Aldao; recollendo o testemuño dado polos ‘Precursores’ e os protagonistas do ‘Rexurdimento’ no s. XIX, caso de Antolín Faraldo, Francisco Añón,  Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro ou Manuel Curros Enríquez, entre outros.

O obxectivo central do ‘Arquivo do Nacionalismo Galego’ é pór en valor os devanditos fondos, posibilitando o acceso aos mesmos dun xeito doado e dándolle a estes una cobertura compartida da man das entidades que os posúen e conservan, consorciándose desta volta para facer realidade este portal web. A través deste, pódense localizar os fondos existentes (catalogados ou en vías de catalogación) relativos a persoeiros e organizacións diversas do nacionalismo galego, así como publicacións que este editou ao longo do tempo.

O ‘Arquivo do Nacionalismo Galego’ nace, na práctica, como ferramenta ao servizo do mundo da investigación especializada, mais tamén do público en xeral interesado pola pretérito do país. Dando unha panorámica global dos fondos xerados polo axir do nacionalismo galego ao longo da súa historia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>