Documentos on-line

O ‘Arquivo do Nacionalismo Galego‘ disponibiliza diante do seu lanzamento os primeiros documentos a visualizar on-line. A partir do proceso de catalogación que están a realizar as diversas entidades que dan lugar a esta iniciativa, pódense ver desta volta manuscritos, publicacións periódicas e imaxes de relevo para coñecer o pasado contemporáneo galego.

Os documentos que nesta ocasión se presentan fan parte dos fondos da Fundación Vicente Risco, a Fundación Galiza Sempre, a Fundación Bautista Álvarez, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Moncho Reboiras para o Estudo da Realidade Social e Sindical na Galiza, Murguía, Revista Galega de Historia e a Fundación Alexandre Bóveda.

As primeiras páxinas da obra de Vicente Risco ‘Nós, os inadaptados'; o primeiro número do ‘Terra e Tempo’, voceiro da Unión do Pobo Galego; a ‘Declaración de Principios’ do Partido Socialista Galego; diversas imaxes do nacionalismo na tempo republicano, así como a serie completa da primeira etapa do boletín sindical nacionalista ‘Eixo’. Para este último caso, como indican desde a Fundación Moncho Reboiras, este cabezallo debe ser “…diferencialo da cabeceira homónima que editaría posteriormente o SOG, ING e INTG”. O boletín ‘Eixo’ serviu de voceiro, apuntan “…daqueles primeiros xermolos sindicais, criados ao abeiro da Fronte Obreira da Unión do Povo Galego, dos que agromaría posteriormente o Sindicato Obreiro Galego (SOG) dando inicio á historia do sindicalismo nacionalista e de clase actualmente organizado na CIG”.

EIXO_1974Do boletín ‘Eixo’ editáronse nun inicio un total de 6 números, que saíron do prelo entre o mes de xuño de 1974 e maio de 1976; e que serven, tal e como apuntan desde a Fundación Moncho Reboiras, “…de testemuño material dos primeiros pasos e posicións dun incipiente sindicalismo de marcado perfil patriótico e combativo…” na Galiza.

Ver os documentos on-line

DOCUMENTOS ON-LINE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>