Benvidas. Benvidos!

Nos últimos meses varias entidades estivemos a procurar mancomunadamente o lanzamento do ‘Arquivo do Nacionalismo Galego’ .
O obxectivo desta iniciativa é pór en valor os fondos documentais que posuimos as entidades que poñemos en marcha este portal web, posibilitando o acceso aos mesmos dun xeito doado, dándolle a estes una cobertura compartida que favorece a contextualización dos mesmos nun horizonte histórico de longa duración.
A través do presente portal web, pódense localizar os fondos históricos existentes (catalogados ou en vías de catalogación) en cada unha das sedes físicas das entidades que nos consorciamos para impulsar o devandito ‘Arquivo do Nacionalismo Galego’, quer relativos a persoeiros e organizacións diversas do nacionalismo galego, quer publicacións que este movimento editou ao longo do tempo.
Saber máis…

BENVIDA!