Encontro organizado pola Fundación Galiza Sempre arredor da ‘Autonomía’

A Fundación Galiza Sempre (FGS) vén de desenvolver un encontro baixo o título Fagamos contas. 35 anos de Autonomía, como nos foi?. O obxectivo do mesmo, segundo indican desde a FGS, é avaliar, “…cos datos na man, o que supuxo e o que supón para a Galiza a dependencia política do Estado español. Facermos as contas dos resultados do período autonómico e das decisións que, impostas na maioría dos casos desde instancias superiores ao escaso autogoberno co que contamos, influíron decisivamente na nosa perda de capacidade produtiva, na mingua demográfica, nos desequilibrios territoriais ou na progresiva minorización da lingua e da cultura propias.

fagamoscontas_web_horizontal_0

Teñen causa última estes problemas nun mal goberno atribuíbel aos sucesivos gobernos autonómicos da dereita, na subordinación política ao Estado español e ao deseño que este garda para a Galiza, en ambos os dous combinados? Cabe algún futuro para a Galiza de seguirmos neste marco? Que proposta de país e de futuro debe pór enriba da mesa o nacionalismo no actual contexto de crise sistémica?

Coa xornada Fagamos Contas, organizada pola Fundación Galiza Sempre, poñemos en marcha un traballo colectivo de balance do que supuxeron para a Galiza a dependencia política e o modelo autonómico, con base na análise dos seus resultados. Nesta ocasión serán cinco mesas temáticas e dez relatorios os que abordarán esta cuestión, que terá continuidade ao longo do vindeiro 2015″.

Máis info en:

Fagamos contas. 35 anos de…

ACTIVIDADES PARCEIROS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>