“Ideas.gal” portal web impulsado pola ‘Fundación Galiza Sempre’

A Fundación Galiza Sempre, integrante do “Arquivo do Nacionalismo Galego”, vén de impulsar un novo portal web. Este é Ideas.gal, tal e como indican desde a FGS, pretende ser esta iniciativa “un espazo aberto e compartido de coñecemento, debate e opinión para todas as persoas e colectivos que temos a Galiza como marco de referencia central na nosa acción política, social ou cultural”.

FGS

 

Ideas.gal, acrescentan, ten unha vocación clara de debate e argumento”, polo que faise un convite explícito en favor de achegas, a publicar en formato de artigo na “Sección Voces”. Xunto a esta sección, o proxecto conta con outras tres, nomeadamente “Ideas”, “Conversas”, “Espazos”.

Acceder ao portal web Ideas.gal.

ACTIVIDADES PARCEIROS