Desde o pasado luns 2 de febreiro a exposición intitulada “A Nación galega en pé”, organizada pola Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas e a Asociación Cultural O Galo, está exposta na cidade de Lugo. Coa colaboración da Deputación Provincial as entidades promotoras da iniciativa inauguraron na cidade amurallada a mostra, desta volta no Salón Multiusos do Museo Provincial da cidade. O acto de inauguración contou coa presenza, entre outros, do Delegado da Área de Cultura da Deputación, Mario Outeiro Iglesias, do presidente da Fundación Bautista Álvarez, o propio Bautista Álvarez, e a presidenta de O Galo, María Antonia Pérez que é tamén a comisaria da exposición.
Previamente, a devandita mostra estivo aberta desde o 2 de decembro até o 3 de xaneiro no Salón Artesonado e Capela do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.
A mostra desenvólvese co gallo do 50ª aniversario da fundación da Unión do Povo Galego e con este motivo a Fundación Bautista Álvarez e a Agrupación Cultural O Galo, , a decir das mesmas “…decidiron promover unha mostra arredor desas cinco décadas. A exposición, baixo o nome ‘A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego’, fora inaugurada o martes 2 de decembro ás 20.00h” no compostelán Pazo de Fonseca, amosando a través dela un amplo elenco documental e gráfico de medio século de axir.
Saber máis…
-Agrupación Cultural ‘O Galo’.